| Inicio | Mapa Web | Estándares | Contacto | Acceso Membros | | 19-May, 2013 |
VI Edici贸n do Pitching " I+P ideas para producir". Santiago, 15 de decembro de 2010.
O Cluster Audiovisual Galego (Clag) celebrará a VI edición do pitching 'I+P, ideas para producir' o día 15 do mes de decembro. Este evento, que conta co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), terá lugar en Santiago de Compostela e consistirá nunha presentación de proxectos destinada a buscar alianzas empresariais. Coma sempre, contará con representantes de importantes canles de televisión, distribuidoras e produtoras de ámbito nacional.
O 'I+P, ideas para producir' está destinado a reunir a empresas ou participantes individuais que buscan acordos de cara á produción ou coprodución. Doutra banda, para as producións xa nun estado máis avanzado, o I+P pretende facilitar o encontro con distribuidoras, programadores de antena e responsables de vendas internacionais para a comercialización.
O Cluster Audiovisual Galego (Clag) organiza o I+P dende o ano 2006. Desde os seus inicios, facer coincidir interesantes proxectos con representantes de importantes empresas con capacidade para mercar novos produtos fixo que este encontro se consolidase e adquirise unha gran repercusión nacional. Así, no I+P materializáronse acordos de distribución de producións como Mia Sarah, O neno de barro e Abrígate. Ademais, durante estes catro anos, presentáronse 150 proxectos, moitos dos cales atoparon viabilidade económica, o que avala a oportunidade de negocio que expón este formato.
Coma tódolos anos, o pitching I+P compoñerase dunha sesión matutina, na que se farán as presentacións dos proxectos, e dunha sesión de tarde, na que se celebrarán os encontros one to one, a través dos que os responsables das presentacións poderán manter entrevistas persoais cos compradores para realizar unha exposición máis detallada e tentar espertar o seu interese.
Todos aqueles que estean interesados en presentar os seus proxectos na edición deste ano teñen toda a información no formulario de inscrición. O prazo para apuntarse remata o 23 de novembro.
© 2008 i+dea - Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega.
Todos os dereitos reservados. Todos los derechos reservados
Aviso Legal
(Galego Castellano)
Powered by Drupal - Design by Ivar Rekve



