Inicio | Mapa Web | Estándares | Contacto | Acceso Membros |
20-Dec, 2014

Calendario

Decembro 2014
LunMarM茅rXovVenS谩bDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Mapa de Capacidades Tecnol贸xicas de Galicia - MapaTIC.gal.

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, ven de por en marcha o Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia, MapaTIC.gal.

Esta actuación é unha iniciativa enmarcada dentro estratexia global da Xunta de Galicia en materia tecnolóxica 2014.gal  Axenda Dixital de Galicia, concretamente no programa correspondente ao Centro Demostrador TIC dentro do eixo de actuación  “EconomiC-IT: Empresa innovadora e Economía Dixital”.

O MapaTIC.gal, punto de encontro virtual entre a Oferta e a Demanda Tecnolóxica de Galicia, constitúe unha ferramenta de referencia para o Centro Demostrador TIC de Galicia de cara a identificar provedores e solucións tecnolóxicas de Galicia, así como, potenciais demandantes de tecnoloxía. 

O MapaTIC.gal é unha plataforma web que se consolidará como directorio completo e categorizado de provedores, produtos e servizos TIC galegos, facilmente localizables a través de criterios de busca intelixentes e precisos, por múltiples ámbitos e categorías, reportando ás empresas provedoras de tecnoloxía interesantes beneficios:

  • Abrir canles de comunicación cos demandantes que publiquen necesidades tecnolóxicas nas que estou interesado.
  • Coñecer provedores especializados en tecnoloxías nas que estou interesado, colaboro ou compito.
  • Participar nas actividades organizadas polo CDTIC ou baixo petición de demandantes de tecnoloxía, realizando demostracións prácticas das miñas solucións e entrando en contacto directo con posibles demandantes ou colaboradores.
  • Posibilidade de actualizar os meus datos, onde queira e cando queira.

 

Pode rexistrarse cumprimentando o seguinte Formulario de Rexistro.

 


© 2008 i+dea - Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega.
Todos os dereitos reservados. Todos los derechos reservados

Aviso Legal
(Galego Castellano)

Secretaría Técnica

Powered by Drupal - Design by Ivar Rekve