| Inicio | Mapa Web | Estándares | Contacto | Acceso Membros | | 19-May, 2013 |
Adhesión
A solicitude de adhesión á Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, i+dea, deberá cursarse á Secretaría Técnica segundo o procedemento descrito neste apartado. Unha vez recibida toda a documentación requirida, a solicitude será avaliada e remitida ao Comité Xestor cara á súa aprobación.
A partir dese momento o novo membro poderá participar nas actividades de i+dea e nos grupos de traballo públicos nos que solicitou a súa inclusión. Así mesmo, os seus datos serán incluídos na web e na lista de distribución da plataforma e habilitarase un acceso á zona privada da web
En ningún caso a pertenza á i+dea suporá unha vinculación contractual. Igualmente, non se remunerarán de ningunha maneira as contribucións que se fagan en tanto que o fin que se persegue con esta agrupación é puramente o fomento da I+D+I sectorial. Enténdese, polo tanto, que o beneficio redunda no crecemento e progreso daqueles que integran a plataforma de maneira directa e global.
Procedemento
Se vostede está interesado en formar parte da Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, i+dea, debe cumprimentar o formulario e a carta de adhesión que se facilitan a continuación e envialos á conta de correo electrónico idea@clag.es, xunto co logotipo da organización.
Formlario web
- Se é unha empresa ou institución, prema aquí.
- Se é un grupo de investigación ou centro tecnolóxico, prema aquí.
© 2008 i+dea - Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega.
Todos os dereitos reservados. Todos los derechos reservados
Aviso Legal
(Galego Castellano)
Powered by Drupal - Design by Ivar Rekve



