Inicio | Mapa Web | Estándares | Contacto | Acceso Membros |
30-Oct, 2014

Calendario

« Outubro 2014 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Celebrada a II Asemblea Xeral e elixido o novo Comité Xestor de i+dea.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2009.- A Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, i+dea, celebrou hoxe a súa II Asemblea Xeral, na que foi elixido o Comité xestor, integrado por Antón Reixa (Filmanova), como presidente; Antonio Posse (CRTVG), como vicepresidente; Carlos Carballo (Voz Audiovisual), Antonio Rodríguez del Corral (R) e Noemí Varela (Plan Galego de I+D+i 2006-2010 INCITE), como vogais; e Carla Reyes (CLAG), como secretaria. O novo Comité Xestor, cuxo mandato será de dous anos, ten entre os seus obxectivos dinamizar a actividade da plataforma relacionada coa definición e lanzamento de proxectos en cooperación.

 
A Asemblea anual, celebrada esta mañá no Club Internacional de Prensa de Santiago, foi inaugurada polo director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia, Ricardo Capilla Pueyo. Durante a sesión presentouse o balance de actividades e iniciativas da plataforma no seu primeiro ano de andaina, no que destaca o desenvolvemento de catro proxectos innovadores –Publinter, Render, Metavisual e SCQ 2010- presentados ao programa AVANZA do Ministerio de Industria, e cinco proxectos a presentar ao programa INCITE da Xunta de Galicia. Durante este periodo, participaron nas actividades da plataforma case 600 profesionais, en torno aos distintos grupos de traballo constituídos.
 
No transcurso da Asemblea celebrouse tamén unha mesa redonda, na que interviron Elena Couto Suárez, de Filmanova, que presentou as propostas para o grupo de traballo de Contidos e Formatos Audiovisuais Interactivos; Julián Flores, do Laboratorio de Sistemas da USC, presentou as propostas de Animación e Xogos; Miguel Regueiro, de Gradiant, presentou as propostas de Sistemas Avanzados para Producción e Xestión Audiovisual; Jorge Algora, de Adivina Producciones e Iago Elizechea do CITIC-UDC, presentaron as propostas de Televisión de Alta Definición; e José Ramón Mosteiro López, de Netex Knowledge Factory, as propostas de V-Learning.
 
A Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, creada en 2008, conta na actualidade con 88 socios (52 empresas, 27 provedores de I+D, 7 institucións e 2 observadores) e ten por obxectivo identificar, definir tendencias e explorar novas e emerxentes oportunidades de investigación que teñan un impacto real no tecido industrial galego.
 


© 2008 i+dea - Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega.
Todos os dereitos reservados. Todos los derechos reservados

Aviso Legal
(Galego Castellano)

Secretaría Técnica

Powered by Drupal - Design by Ivar Rekve