| Inicio | Mapa Web | Estándares | Contacto | Acceso Membros | | 07-Sep, 2010 |
Calendario
| Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 |
Consulta da UE sobre Contidos en liña.
A Comisión Europea publicou un documento para reflexionar sobre o reto que supón a creación dun mercado único dixital de contidos creativos, tales como libros, música, películas ou videoxogos.
Segundo as súas estimacións, un mercado sen fronteiras para os contidos creativos podería dar lugar a que os ingresos polo miúdo do sector de contidos creativos se cuadriplicasen. A dispoñibilidade dixital de contidos encerra, polo tanto, grandes oportunidades para Europa, pero tamén algúns retos.
En primeiro lugar, as descargas ilegais a grande escala poden representar unha ameaza para o desenvolvemento dun mercado único de contidos dixitais viable dende o punto de vista económico. Para previr esta situación habería que fomentar as ofertas transfronteirizas legais. Ademais, persisten determinados obstáculos regulamentarios e territoriais que dificultan a distribución dixital dos produtos e servizos culturais, o que pode supoñer un impedimento para a creatividade e a innovación.
O documento considera tamén os desafíos aos que deben facer fronte tres grupos diferenciados: os titulares dos dereitos, os consumidores e os usuarios comerciais. Para eles, a Comisión Europea puxo en marcha unha consulta pública co obxectivo de recoller achegas que contribúan a impulsar un mercado máis dinámico para a distribución en liña de contidos creativos.
O prazo para remitir comentarios ao respecto finaliza en xaneiro de 2010.
© 2008 i+dea - Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega.
Todos os dereitos reservados. Todos los derechos reservados
Aviso Legal
(Galego Castellano)
Powered by Drupal - Design by Ivar Rekve



