| Inicio | Mapa Web | Estándares | Contacto | Acceso Membros | | 30-Jul, 2010 |
Xornada. Mércores, 30 de abril de 2008.
O vindeiro 30 de Abril, a partir das 9:15 horas, terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago, a Xornada de Presentación da Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas (NEURONA), que organiza a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, e na mesma presentarase a Plataforma Tecnolóxica Audiovisual i+dea.
A presentación da Rede NEURONA, será inaugurada por D. Salustiano Mato de la Iglesia, Director Xeral de I+D+I da ConsellerÃa de Innovación e Industria, e a presentación de i+dea correrá a cargo de D. Antón Reixa, en calidade de Presidente do Comité de Dirección.
A Plataforma i+dea está concebida para crear e consolidar un foro aberto de traballo entre a industria audiovisual galega e as entidades de investigación e demáis organizacións relacionadas co seu progreso cientÃfico e tecnolóxico para, deste xeito, lograr unha maior colaboración, coherencia e masa crÃtica nas actividades de I+D+I que se promovan na Comunidade Autónoma en favor deste.
Os interesados en asistir poden inscribirse a través da SecretarÃa Técnica da Plataforma, no seguinte enderezo: idea@clag.es
Programa da Xornada de Presentación da Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas (NEURONA).
© 2008 i+dea - Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega.
Todos os dereitos reservados. Todos los derechos reservados
Aviso Legal
(Galego Castellano)
Powered by Drupal - Design by Ivar Rekve



